Luras

 

As luras son un cefalópado moi consumido e preciado por todos. A súa versión pequena chámase chipirón.

A lura das nosas rías pertence á familia da lura europea ou lura común. Esta especie está moi estendida e podemos atopala dende as augas do mar do norte até as do norte de África.

A lura de ría ten un corpo alongado, na súa cabeza contén os seus grandes ollos, deseñados para ver en condicións de casi total oscuridade. Posúe dez tectáculos, dous deles destacan pola súa lonxitude. Estes dous tentáculos máis longos son os que utiliza para capturar as súas presas. Unha vez capturadas diríxeas á boca con forma de pico que lle permite romper o caparazón das súas presas.

A máis coñecida das características das luras son a borra que expulsan. Cando se sinten ameazadas expulsan un chorro de borra que lles permite escapar dos depredadores. Esta tinta tamén é consumida cando preparamos o coñecido prato de ''Calamares en su tinta''.

Da mesma maneira que outros cefalópodos como polbo ou o choco, a lura tamén pode mudar a súa cor para se camuflar. Esta técnica utilízaa tanto para fuxir como para perseguir unha presa.

O sabor da lura da ría é moi intenso e ten un aroma forte. Conta cunha textura moito máis agradable do que a lura que habitualmente se compra conxelada en grandes superficies.

A súa maneira máis habitual de pesca, polo menos en pesca deportiva, é mediante poteras, que son un instrumento de que imita o aspecto dun pequeno peixe ou gamba plomada que conta cunha sucesión de garfos que sirven de gancho para a captura da lura unha vez lle ataque confundíndoa cunha presa.

Comentarios